Consellos para usar os auriculares

Publicado: 28 de decembro de 2021, 23:08
  1. Recomendacións
Consellos para usar os auriculares

Un dos agasallos máis populares do Nadal son os auriculares.  Usámolos para escoitar música, falar por teléfono e en videochamadas .

Sabías que un uso inadecuado dos auriculares pode repercutir na nosa saúde  auditiva? Case o 50% das persoas están expostas a niveis de ruído prexudiciais por mor destes dispositivos, segundo a Organización Mundial da Saúde (OMS).

Un uso prolongado dos auriculares a un volume excesivo pode danar os nosos oídos, causar perda de audición ou outras patoloxías como os acúfenos ou  tinnitus.

Para que a exposición ao son a través destes dispositivos sexa o menos prexudicial posible é importante seguir estas recomendacións:

  1. Respectar o nivel seguro de exposición ao ruído. Isto significa axustar o volume a un nivel cómodo en ambiente tranquilo, de modo que non supere o 60% do nivel de volume máximo que permite o aparello. Neste sentido os cascos (auriculares externos) son máis recomendables que os auriculares xa que illan do ruído da contorna, o que permiten oír o son con claridade a un volume máis baixo que se o facemos con auriculares. Ademais, o son dos auriculares entra dunha forma directa no oído e poden lesionalos máis.
  2. Limitar o tempo de exposición ao son cando o facemos a través de cascos ou auriculares e facer descansos cando a exposición é prolongada. Os expertos aconsellan seguir a regra do 60/60: non máis de 60 minutos de escoita ao día a un máximo de 60 decibeis. Tenta realizar descansos duns cinco minutos por cada hora seguida
    Escoitar música a un volume elevado pode ser  tentador, pero deixará de selo se somos conscientes de que, ao cabo de poucos anos, perderemos sensibilidade para percibir matices e tons. Se se quere seguir gozando da música ao longo do tempo, debemos vixiar o volume.

Se habitualmente escoitamos música a todo volume é recomendable someterse a revisións periódicas de audición para saber se se está danando o oído.

Asemade, se aparecen zumbidos nos oídos, significa que se está sufrindo fatiga  auditiva. O normal é que os  zumbidos desaparezan. Con todo, se persisten ou se manifestan cada vez que se utilizan os auriculares, é recomendable acudir a un profesional para que valore se existe un problema de audición.

Noticias relacionadas

Revisión auditiva completa: en que consiste, que probas se realizan e onde facela en Galicia 1 Nov

Revisión auditiva completa: en que consiste, que probas se realizan e onde facela en Galicia

01/11/2026 Recomendacións
A perda de audición adoita desenvolverse de forma lenta e progresiva, polo que moitas persoas tardan anos en decatarse de que deixaron de percibir certos sons da súa contorna ou de que lles custa seguir conversas en lugares concorridos. Facer unha revisión auditiva periódica é o primeiro paso para
Audífonos para nenos: todo o que debes saber. 1 Mai

Audífonos para nenos: todo o que debes saber.

01/05/2026 Recomendacións
Audífonos para nenos: todo o que debes saber. Por que é importante que os nenos usen audífonos adecuados? A audición é un dos sentidos máis importantes no desenvolvemento infantil. Unha boa capacidade auditiva permite que o neno aprenda a falar correctamente, interactúe co seu entorno e progrese
Como mellorar a audición: Guía definitiva de saúde auditiva e solucións modernas 1 Abr

Como mellorar a audición: Guía definitiva de saúde auditiva e solucións modernas

01/04/2026 Recomendacións
Como mellorar a audición: Guía definitiva de saúde auditiva e solucións modernas Sentes que o mundo soa "con néboa"? Cústache seguir o fío nas ceas familiares ou semellas estar sempre pedindo que te repitan as cousas? Se buscaches como mellorar a audición, probablemente te atopes con solucións
¿Que tipo de audífono é mellor para o oído? 2 Feb

¿Que tipo de audífono é mellor para o oído?

02/02/2026 Recomendacións
Seleccionar o audífono adecuado é unha decisión clave para mellorar a comprensión da fala, a calidade da audición e, en xeral, o benestar diario. Non todos os audífonos serven para todos os tipos de perda auditiva nin para todos os perfís de usuario. Por iso, é importante coñecer como funcionan,
  • Axuda Impacto Autónomo
  • Cartel
  • Cartel