Como esquiar con perda auditiva

Publicado: 01 de febreiro de 2022, 01:21
  1. Recomendacións
Como esquiar con perda auditiva

Os oídos son moi vulnerables ao frío, por iso é importante coidar os oídos no inverno e ter unha especial atención cando se expoñen ás inclemencias meteorolóxicas e ós cambios de temperatura en lugares como a montaña mentres se practican o esquí e outros deportes.

As persoas que sofren perda  auditiva deben ter claro que non é un impedimento á hora de esquiar, simplemente haberá que ter en conta algúns aspectos importantes e seguir unha serie de consellos para poder gozar do deporte branco.

Consellos para esquiar con discapacidade  auditiva

  • Elixe un casco para que o aire non interfira cos teus  audífonos. Debaixo do casco, utiliza unha banda, pano ou braga que os protexa e os manteña na súa posición. Consulta co teu audiólogo/a se os teus audífonos teñen posibilidade de protexerse cunha funda especial que os resgarde contra a humidade, o frío e sucidade.
  • Leva pilas de reposto. O aire frío fai que se esgoten con máis rapidez que en condicións normais. Se os teus audífonos son recargables revisa o nivel de batería antes de sair. Se por algún motivo non cargaron pola noite, lembra que a maior parte destes modelos teñen unha opción de carga rápida (ate un 30% en 1/2h)  para un uso máis inmediato. 
  • Segundo a atenuación acústica que o equipo nos poida producir (gorro, banda, funda protectora de audífonos...) a maiores do enmascaramento ambiental,  pode ser axeitado facer saber ós membros do grupo co que estaremos desta merma na percepción sonora do noso entorno. Unha boa idea é convir algún código sinxelo para dar ou recibir indicacións concretas de xeito rápido e eficaz (“esperádeme” “máis rápido”, “máis amodo”, etc.). Ó igual que acontece cos mergulladores, con ou sen hipoacusia, será útil para todos os membros do grupo!
  • Igualmente, se vas ter de man un monitor que che axude a aprender ou perfeccionar técnicas, será moi útil facerlle coñecedor da tua situación auditiva, para que poida prestar maior atención á hora transmitirche os seus coñecementos e facer máis cómoda e divertida a túa aprendizaxe. 
  • Se no teu caso fose necesario un intérprete de lingua de signos ou un monitor con coñecementos na mesma, planifica a túa escapada con antelación e ponte en contacto coa estación de esquí para consultar  dita posibilidade e reservar o servizo ou profesional axeitado!
  • Divírtete, respira o aire puro da montaña e pasa un día estupendo practicando este fermoso deporte. 

Noticias relacionadas

¿Que tipo de audífono é mellor para o oído? 2 Feb

¿Que tipo de audífono é mellor para o oído?

02/02/2026 Recomendacións
Seleccionar o audífono adecuado é unha decisión clave para mellorar a comprensión da fala, a calidade da audición e, en xeral, o benestar diario. Non todos os audífonos serven para todos os tipos de perda auditiva nin para todos os perfís de usuario. Por iso, é importante coñecer como funcionan,
Cal é a mellor idade para revisar a audición? 1 Xan

Cal é a mellor idade para revisar a audición?

01/01/2026 Recomendacións
A audición é un dos sentidos máis importantes para a comunicación e o desenvolvemento social, emocional e cognitivo. Con todo, a perda auditiva adoita evolucionar de forma silenciosa e progresiva, polo que moitas persoas non se decatan ata que xa avanzou. Realizar revisións auditivas periódicas é
Como elixir o audífono adecuado en OE+ Centros Auditivos 24 Feb

Como elixir o audífono adecuado en OE+ Centros Auditivos

24/02/2025 Recomendacións
Elixir o audífono adecuado é unha decisión clave para recuperar a túa audición e mellorar a túa calidade de vida. En OE+ Centros Auditivos, con sedes en Lalín, Cee e Ordes, ofrecemos asesoramento profesional e solucións personalizadas para cubrir as necesidades de cada paciente. Neste artigo,
Como os audífonos de OE+ Centros Auditivos poden facilitar unha vida socialmente activa e permitir o benestar e unha vida sana 17 Feb

Como os audífonos de OE+ Centros Auditivos poden facilitar unha vida socialmente activa e permitir o benestar e unha vida sana

17/02/2025 Recomendacións
No mundo actual, manter unha vida socialmente activa é fundamental para o noso benestar emocional e físico. Porén, para as persoas con perda auditiva, participar en conversacións, disfrutar de eventos sociais ou incluso manter relacións persoais pode converterse nun desafío. En OE+ Centros
  • Axuda Impacto Autónomo
  • Cartel
  • pel
  • Programa das persoas autónomas
  • Cartel