Solucións auditivas para profesionais: In Ear Monitor (IEM)

Publicado: 07 de xuño de 2022, 11:11
  1. Tecnoloxía
Solucións auditivas para profesionais: In Ear Monitor (IEM)

Tradicionalmente o uso de “chivatos” nos escenarios facilitaban que os músicos e cantantes puidesen escoitarse a si mesmos durante unha actuación. O ruído que ás veces pode contaminar ditas actuacións (público, vento…) facía necesario o aumento da potencia no son emitido por eses monitores ou "chivatos" situados no chan, ate o punto de chegar a prexudicar o oído do artista.

O In Ear Monitor, son dispositivos usados por músicos, enxeñeiros de son e amantes do bo son que transmiten a música e sons personalizados, ao gusto. A finalidade deste dispositivo é a de emitir música pero atenuando ou illando o son ambiente e deixando pasar só o son que están a transmitir. Xérase así unha entrada limpa de ruídos e sons distractores que danarían a nosa audición e interpretación.

O tipo de auricular que levan poderá ser:

  1. Controlador dinámico: dan moi boa responta en graves.
  2. Controlador B.A. (balanced armature): precisaremos de varios para obter un son de alta fidelidade
  3. Mixtos

O número de auriculares, no caso dos B.A. oscilará segundo queiramos maior ou menor calidade de son. O tipo de material destes auriculares, así como o número de vías ou camiños de saída que lle daremos ao son para chegar ao noso tímpano, tamén serán importantes e afectarán á textura e calidade do son recibido.

Hoxe en día podemos atopar no mercado IEMs de ate 10drivers (controladores/auriculares) que ofrecen un son espectacular. Non obstante, IEMs con menor número de drivers poden dar igualmente experiencias acústicas magníficas. 

Unha variable a ter en conta será o estado previo de audición do oínte/usuario de IEMs dado que certo número de drivers pode ser absurdo en certos casos se a audición xa está afectada en certas frecuencias.

Tipos de In Ear Monitor (IEM)

In ear Monitor Universal

Pros.

  • Hainos de diversas calidades.
  • Poden ser empregados por diferentes individuos únicamente cambiando a peza de espuma ou silicona que traen para a súa suxeición no oído.


Contras.

  • Habitualmente o seu tamaño é bastante grande, o que dificulta a súa colocación.
  • Pode provocar unha mala suxeición no conducto auditivo.
  • O illamento pode ser variable.

In Ear Monitor a Medida

Pros.

  • Hainos de diversas gamas/calidades
    Individualizados
  • Axuste perfecto
  • Maior illamento
  • Tamaño acorde coa orella do usuario
  • Requiren revisión e medición do conducto auditivo por parte dun profesional

Contras

  • Maior custe
  • Maior tempo de fabricación

En Oemais ofrecemos solucións auditivas profesionais adaptadas e personalizadas segundo as túas necesidades. ¡Consúltanos! Estamos en Cee, Lalín e Ordes. 

Noticias relacionadas

En que consiste o noso servizo de audioloxía pediátrica? 6 Mai

En que consiste o noso servizo de audioloxía pediátrica?

06/05/2022 Tecnoloxía
Nos noso centro de Ordes dispoñemos dun servizo específico de audioloxía pediátrica, capitaneado por Marlene Rodríguez. Neste artigo do blog contámosche como funciona. O noso centro Oe Máis de Ordes é un centro autorizado pola Consellería de Sanidade para audioloxía pediátrica, o que nos permite
Que tipos de audífonos existen? 26 Feb

Que tipos de audífonos existen?

26/02/2022 Tecnoloxía
Se che diagnosticaron perda auditiva é posible que esteas considerando que tipo de audífono é o máis axeitado para ti. Nos nosos centros auditivos de Cee, Ordes e Lalín axudarémosche a escoller cal é o audífono máis indicado para o teu caso. Non obstante, neste post do blog queremos facer un repaso
Que é e como se fai unha videotoscopia? 19 Xan

Que é e como se fai unha videotoscopia?

19/01/2022 Tecnoloxía
A exploración física do oído comprende unha serie de probas que permiten determinar se o oído é normal ou non. Unha das máis completas e que nos permite coñecer como funciona por dentro o oído é a videotoscopia. Neste artigo contámosche en que consiste esta proba e cales son as súas características
Bucles magnéticos: onde atopalos 18 Out

Bucles magnéticos: onde atopalos

18/10/2021 Tecnoloxía
Antes de comezar a contarvos onde se poden atopar os coñecidos como bucles magnéticos, imos a lembrar que son exactamente.  Que son os bucles magnéticos? Os bucles magnéticos son sistemas que garanten a correcta escoita a aquelas persoas que empreguen audífonos e que se atopen en lugares

Financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU. Con todo, os puntos de vista e as opinións expresadas son unicamente os do autor ou autores e non reflicten necesariamente os da Unión Europea ou a Comisión Europea. Nin a Unión Europea nin a Comisión Europea poden ser consideradas responsables das mesmas.