Que é e como se fai unha videotoscopia?

Publicado: 19 de xaneiro de 2022, 09:56
  1. Tecnoloxía
Que é e como se fai unha videotoscopia?

A exploración física do oído comprende unha serie de probas que permiten determinar se o oído é normal ou non. Unha das máis completas e que nos permite coñecer como funciona por dentro o oído é a videotoscopia. Neste artigo contámosche en que consiste esta proba e cales son as súas características máis destacables.

Que é unha videotoscopia

A videotoscopia é un exame visual do pabellón auditivo, o canal auditivo e o tímpano. 

O exame co videotoscopio é moito máis exhaustivo. Mentres realizamos a exploración poderás ir vendo o teu oído por dentro e explicarémosche o que estamos vendo ou se detectamos calquera anomalía. 

O procedemento é semellante ao do otoscopio, pero resulta máis completo xa que se pode observar comodamente na pantalla. 

Mediante esta proba auditiva podemos determinar cal é o tamaño da canle auditiva externa ou comprobar que a membrana do tímpano funciona correctamente. Asemade, poderemos comprobar se temos exceso de cerumen, fungos, infeccións ou outro tipo de afeccións. Tamén nos permite identificar a presenza de anomalías como estenosis (estreitamento da canle auditiva) ou osteomas (tumor benigno constituído por tecido óseo maduro)

Como se realiza a videotoscopia

Para levar a cabo unha  videotoscopia necesítase un aparello médico especial denominado  videotoscopio.

Está formado por tres elementos crave: unha cámara con luz, para facilitar a visibilidade do interior do oído; unha lupa, para  amplificar a imaxe; e un monitor para visualizar. 

A videotoscopia é unha proba moi sinxela e nada invasiva para o paciente. A sesión pódese gravar ou fotografar e apenas dura un par de minutos, desenvolvéndose nas seguintes fases. 

  1. Explicación ao paciente da técnica e postura correcta para o inicio da exploración.
  2. Introdución suave da cámara no conduto auditivo externo.
  3. Cambiaremos aos poucos a postura da cabeza para ir visualizando correctamente o conduto.
  4. Observación das estruturas anatómicas e da membrana do  tímpano.
  5. Retirada suave da cámara.

Para realizar unha videotoscopia non é necesario padecer ningún tipo de problema ou limitación na canle  auditiva. Esta proba debe realizarse de maneira rutineira para detectar a tempo posibles problemas auditivos futuros.

Noticias relacionadas

Solucións auditivas para profesionais: In Ear Monitor (IEM) 7 Xuñ

Solucións auditivas para profesionais: In Ear Monitor (IEM)

07/06/2022 Tecnoloxía
Tradicionalmente o uso de “chivatos” nos escenarios facilitaban que os músicos e cantantes puidesen escoitarse a si mesmos durante unha actuación. O ruído que ás veces pode contaminar ditas actuacións (público, vento…) facía necesario o aumento da potencia no son emitido por eses monitores ou
En que consiste o noso servizo de audioloxía pediátrica? 6 Mai

En que consiste o noso servizo de audioloxía pediátrica?

06/05/2022 Tecnoloxía
Nos noso centro de Ordes dispoñemos dun servizo específico de audioloxía pediátrica, capitaneado por Marlene Rodríguez. Neste artigo do blog contámosche como funciona. O noso centro Oe Máis de Ordes é un centro autorizado pola Consellería de Sanidade para audioloxía pediátrica, o que nos permite
Que tipos de audífonos existen? 26 Feb

Que tipos de audífonos existen?

26/02/2022 Tecnoloxía
Se che diagnosticaron perda auditiva é posible que esteas considerando que tipo de audífono é o máis axeitado para ti. Nos nosos centros auditivos de Cee, Ordes e Lalín axudarémosche a escoller cal é o audífono máis indicado para o teu caso. Non obstante, neste post do blog queremos facer un repaso
Bucles magnéticos: onde atopalos 18 Out

Bucles magnéticos: onde atopalos

18/10/2021 Tecnoloxía
Antes de comezar a contarvos onde se poden atopar os coñecidos como bucles magnéticos, imos a lembrar que son exactamente.  Que son os bucles magnéticos? Os bucles magnéticos son sistemas que garanten a correcta escoita a aquelas persoas que empreguen audífonos e que se atopen en lugares

Financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU. Con todo, os puntos de vista e as opinións expresadas son unicamente os do autor ou autores e non reflicten necesariamente os da Unión Europea ou a Comisión Europea. Nin a Unión Europea nin a Comisión Europea poden ser consideradas responsables das mesmas.