A ti tampouco che gusta escoitar a túa voz nas gravacións?

Publicado: 24 de febreiro de 2021, 17:00
  1. Social
A ti tampouco che gusta escoitar a túa voz nas gravacións?

Existen moi poucas persoas que reproduzan os seus audios de WhatsApp unha vez enviados. E é que polo xeral non nos gusta nada escoitar a nosa propia voz. Non nos recoñecemos e incluso nos dá vergoña. Porén, cando nos escoitamos falar non temos a mesma sensación. Por que ocorre isto?

A cuestión está en que cando falamos percibimos a nosa voz a través de dúas canles diferentes. Esta dobre percepción da voz provoca unha distorsión e fai que escoitemos a nosa voz de maneira distinta. Unha das percepcións refírese ó noso propio oído que recolle a nosa voz como calquera outro son externo. A outra percepción relaciónase ca vibración producida nos osos e tecidos que compoñen a nosa caveira no momento no que articulamos as palabras. Esta vibración, ademais, rexístrase tamén na cóclea, a cal a transmite de novo ó cerebro. Cal é a diferenza entón? Que esta segunda vía de percepción máis relacionada cas vibracións transmite a unha frecuencia moito menor, o que fai que percibamos os sons en tons moito máis graves. Porén, cando nos escoitamos nunha gravación a percepción non é dobre posto que só existe a rexistrada polos nosos oídos. 

Pero esta percepción nada agradable da nosa voz tamén ten un compoñente psicolóxico. Co auxe das novas tecnoloxías, na actualidade estamos moito máis acostumados a escoitar a nosa voz pero aínda así non acabamos de recoñecernos. Os investigadores Albright College e Penn State Harrisburg realizaron un experimento cun grupo de persoas pedíndolles que cualificaran unha serie de voces gravadas en función do atractivas que foran. O experimento contaba de dúas fases: na primeira os participantes escoitaban todas as voces sen saber que a súa tamén estaba entre elas. Na segunda si que se lles comunicaba. A diferenza nos resultados? Na primeira fase a gran maioría dos participantes cualificaban a súa propia voz como “moi atractiva”, mentres que na segunda os resultados eran radicalmente opostos. 

Segundo a psicóloga Núria Escudé, ca voz tamén se manifestan emocións e sentimentos. É unha característica moi específica de cada persoa e non só se produce na gorxa senón que involucra a todo o corpo, transmitindo tamén como somos e como nos presentamos ó mundo.  Para moitos profesionais da psicoloxía, a voz é un instrumento importantísimo para tratar problemas emocionais e traumáticos. 

Por iso é tan importante pararnos a escoitar a nosa propia voz e traballala, posto que é outro trazo que nos define como individuo.  E é que a voz que escoitamos nunha gravación propia é a voz que escoitan todos os demais menos un mesmo.

Noticias relacionadas

Profesionais con perda auditiva 18 Xan

Profesionais con perda auditiva

18/01/2023 Social
A discapacidade auditiva pode presentar desafíos significativos no ámbito laboral. Sen embargo, coas ferramentas e os recursos axeitados, as persoas con discapacidade auditiva poden ter éxito nunha variedade de carreiras. Emprego para persoas con discapacidade auditiva Ter limitadas certas
Como se relacionan as depresións ca perda auditiva? 16 Ago

Como se relacionan as depresións ca perda auditiva?

16/08/2021 Social
Comunicarse cos demais e co entorno é unha das necesidades básicas do ser humano. Pensa nesas ocasións puntuais nas que non es capaz de comunicarte por non compartir idioma, por existir un ruído de fondo extremadamente alto ou por moitos outros motivos. É frustrante, verdade? Pois imaxínate que
O emprego de audífonos fai que melloren as nosas relacións sociais 5 Xul

O emprego de audífonos fai que melloren as nosas relacións sociais

05/07/2021 Social
O oído é un dos sentidos máis importantes do ser humano, aínda que non sempre lle prestemos a atención que merece. Non temos tan normalizadas ás visitas periódicas ós especialistas auditivos como si que as podemos ter ó/á dentista, por exemplo. Sen embargo, o seu coidado e revisión deberían ser
A saúde auditiva e o rendemento no traballo 28 Xuñ

A saúde auditiva e o rendemento no traballo

28/06/2021 Social
Á hora de relacionar a saúde auditiva co rendemento no noso posto de traballo son dúas as cuestións que teremos que abordar. Por unha banda o baixo rendemento asociado a unha doenza auditiva sen tratar e, por outro, aqueles danos que está sufrindo a nosa audición ó expoñela a ruídos continuados en

Financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU. Con todo, os puntos de vista e as opinións expresadas son unicamente os do autor ou autores e non reflicten necesariamente os da Unión Europea ou a Comisión Europea. Nin a Unión Europea nin a Comisión Europea poden ser consideradas responsables das mesmas.