Como comunicarse cun alumno que sofre discapacidade auditiva?

Publicado: 20 de setembro de 2022, 15:41
  1. Recomendacións
Como comunicarse cun alumno que sofre discapacidade auditiva?

Cando falamos de discapacidade auditiva referímonos a calquera problema de oído que afecte á audición das persoas, polo que podemos atoparnos diferentes tipos en función da causa da perda, da idade e do grado. Así, haberá persoas que podan seguir unha conversa con facilidade e outras con dificultade, dependendo do número de sons que perciban, porque poden non percibir ningún. Polo tanto, entre a poboación estudantil, pode haber estudantes con xordeira que se comuniquen de forma bimodal ou empreguen soamente a lingua de signos ou a lingua oral. 

Estratexias eficaces 

Os problemas de audición son invisibles, a non ser que a persoa coa que te estás a comunicar cho diga previamente. Polo tanto, para que o teu alumno consiga superar o curso académico debes ter en conta o seguinte:

  • Falar sempre de fronte, mirando aos ollos.
  • Falar cun ritmo normal.
  • Facilitar a lectura labial.
  • Realizar explicacións breves e concisas.
  • Ser expresivo coa cara e coa voz.
  • Empregar xestos ou recorre á escritura para facerte entender.
  • Sentar aos cativos con discapacidade auditiva na primeira fila.
  • Facilitarlles o material que empregues por escrito e con antelación.
  • Empregar vídeos subtitulados. 
  • Evitar os desprazamentos e estar o máis preto posible del.

Se ves que o teu alumno aínda así non consigue seguir a clase, pode ser que precise dun intérprete de lingua de signos. Se xa o neno xa se comunica por lingua de signos, debes empregar todos os medios escritos posibles para facerlle entender o que se imparte na aula. 

Os nenos que sofren dalgún problema auditivo adoitan ter erros morfosintácticos na escritura ou precisan dalgunha aclaración por parte do profesor. A acústica da aula e a presenza de logopedas nos colexios son factores que influirán no mellor desenvolvemento e rendemento do menor.

No noso anterior post explicámosche en que consiste o noso servizo de audioloxía pediátrica. Consúltao e se calquera dúbida, escríbenos!

Noticias relacionadas

Revisión auditiva completa: en que consiste, que probas se realizan e onde facela en Galicia 1 Nov

Revisión auditiva completa: en que consiste, que probas se realizan e onde facela en Galicia

01/11/2026 Recomendacións
A perda de audición adoita desenvolverse de forma lenta e progresiva, polo que moitas persoas tardan anos en decatarse de que deixaron de percibir certos sons da súa contorna ou de que lles custa seguir conversas en lugares concorridos. Facer unha revisión auditiva periódica é o primeiro paso para
Audífonos para nenos: todo o que debes saber. 1 Mai

Audífonos para nenos: todo o que debes saber.

01/05/2026 Recomendacións
Audífonos para nenos: todo o que debes saber. Por que é importante que os nenos usen audífonos adecuados? A audición é un dos sentidos máis importantes no desenvolvemento infantil. Unha boa capacidade auditiva permite que o neno aprenda a falar correctamente, interactúe co seu entorno e progrese
Como mellorar a audición: Guía definitiva de saúde auditiva e solucións modernas 1 Abr

Como mellorar a audición: Guía definitiva de saúde auditiva e solucións modernas

01/04/2026 Recomendacións
Como mellorar a audición: Guía definitiva de saúde auditiva e solucións modernas Sentes que o mundo soa "con néboa"? Cústache seguir o fío nas ceas familiares ou semellas estar sempre pedindo que te repitan as cousas? Se buscaches como mellorar a audición, probablemente te atopes con solucións
¿Que tipo de audífono é mellor para o oído? 2 Feb

¿Que tipo de audífono é mellor para o oído?

02/02/2026 Recomendacións
Seleccionar o audífono adecuado é unha decisión clave para mellorar a comprensión da fala, a calidade da audición e, en xeral, o benestar diario. Non todos os audífonos serven para todos os tipos de perda auditiva nin para todos os perfís de usuario. Por iso, é importante coñecer como funcionan,
  • Axuda Impacto Autónomo
  • Cartel
  • Cartel