Como afecta o ruído do Nadal á nosa saúde

Publicado: 21 de decembro de 2021, 12:49
  1. Recomendacións
Como afecta o ruído do Nadal á nosa saúde

Estamos en época de Nadal e durante estas festas, o ruído en todas partes se agrava. De feito, a contaminación acústica é a segunda causa de enfermidade por motivos ambientais, só superada pola contaminación atmosférica. 

Os riscos para a saúde dependen tanto do volume ou a intensidade do ruído, como da frecuencia e duración ao longo do tempo. Cando nos expoñemos a ruídos intensos durante breves períodos de tempo, pódense producir molestias puntuais e fatiga auditiva, que temporalmente induce unha perda de capacidade auditiva. Na maioría destes casos, séguelle unha fase de recuperación que pode ir dunha hora a varios días. Pero o dano pode ser permanente cando a exposición ao ruído é excesivamente intensa, se prolonga durante demasiado tempo ou supera os 85db. A OMS establece o límite diurno en 64dB. 

A contaminación acústica exerce efectos negativos sobre a saúde que van máis aló dos coñecidos danos auditivos, xa que tamén provocan numerosos efectos sobre o corpo que a miúdo non atribuímos directamente ao ruído. De feito, unha persoa que pase moito tempo exposta a niveis de ruído excesivos pode acabar sufrindo trastornos físicos, psicolóxicos e sociais. Os estudos mostran que os máis novos e as persoas de avanzada idade son os máis vulnerables, xa que a maioría de adultos presentan niveis de tolerancia ao ruído

Os ruídos moi intensos e a contaminación sonora prolongada no tempo, xerada por ruído de fondo do tráfico ou o ambiente nas rúas resultan moi nocivos para a saúde. Diversas investigacións constatan que unha exposición regular a diversas fontes de contaminación sonora incide decisivamente en alteracións do sono, enfermidades cardiovasculares, problemas dixestivos, ansiedade, estrés, falta de concentración etc.

Xoguetes, unha amenaza auditiva para os máis cativos

Malia parecer inofensivos, os xoguetes poden ser unha amenaza para a audición dos máis pequenos.  As armas de xoguete que funcionan con pilas poden causar un ruído de entre 110 e 135 dB, un nivel similar ao producido pola actuación dun grupo de música. As caixas de música ou robots ocasionan entre 85-95 dB, pero resultan máis prexudiciais se están a funcionar máis de quince minutos. 

A perda de audición por ruído é acumulativa e sucede de forma gradual ao longo dos anos.

Os máis novos e as persoas de avanzada idade son os máis vulnerables ao ruído. A mellor maneira de limitar as consecuencias xeradas polo ruído é a prevención. Na medida do posible, convén afastarse da fonte sonora ou usar tapóns.

Ademais de vixiar os xoguetes dos nenos e vixiar e o uso adecuado dos mesmos, e importante educar no uso de medidas preventivas desde idades temperás. As revisións auditivas poden contribuír a previr o desenvolvemento de lesións.

Noticias relacionadas

Audífonos para nenos: todo o que debes saber. 1 Mai

Audífonos para nenos: todo o que debes saber.

01/05/2026 Recomendacións
Audífonos para nenos: todo o que debes saber. Por que é importante que os nenos usen audífonos adecuados? A audición é un dos sentidos máis importantes no desenvolvemento infantil. Unha boa capacidade auditiva permite que o neno aprenda a falar correctamente, interactúe co seu entorno e progrese
Como mellorar a audición: Guía definitiva de saúde auditiva e solucións modernas 1 Abr

Como mellorar a audición: Guía definitiva de saúde auditiva e solucións modernas

01/04/2026 Recomendacións
Como mellorar a audición: Guía definitiva de saúde auditiva e solucións modernas Sentes que o mundo soa "con néboa"? Cústache seguir o fío nas ceas familiares ou semellas estar sempre pedindo que te repitan as cousas? Se buscaches como mellorar a audición, probablemente te atopes con solucións
¿Que tipo de audífono é mellor para o oído? 2 Feb

¿Que tipo de audífono é mellor para o oído?

02/02/2026 Recomendacións
Seleccionar o audífono adecuado é unha decisión clave para mellorar a comprensión da fala, a calidade da audición e, en xeral, o benestar diario. Non todos os audífonos serven para todos os tipos de perda auditiva nin para todos os perfís de usuario. Por iso, é importante coñecer como funcionan,
Cal é a mellor idade para revisar a audición? 1 Xan

Cal é a mellor idade para revisar a audición?

01/01/2026 Recomendacións
A audición é un dos sentidos máis importantes para a comunicación e o desenvolvemento social, emocional e cognitivo. Con todo, a perda auditiva adoita evolucionar de forma silenciosa e progresiva, polo que moitas persoas non se decatan ata que xa avanzou. Realizar revisións auditivas periódicas é
  • Axuda Impacto Autónomo
  • Cartel
  • pel
  • Programa das persoas autónomas
  • Cartel