Como sei se o meu bebé ten problemas de audición?

Publicado: 21 de outubro de 2020, 16:00
  1. Saúde
Como sei se o meu bebé ten problemas de audición?

Normalmente os bebés teñen o oído moi desenvolto e xa son capaces de escoitar a voz de súa mamá no útero. Cando nacen, en todos os hospitais se lles realizan unha serie de probas para comprobar que a súa audición goza de saúde. Son probas que se soen realizar dentro das primeiras 24 horas e non supoñen ningunha molestia para o bebé. Na maioría dos casos, estas probas confirman que o neno ou a nena escoita ben pero, en moitos outros, detéctanse problemas que se comezarán a traballar de inmediato.

Nos casos nos que os resultados das probas sexan satisfactorios, deberase manter igualmente un control durante os primeiros anos de vida para comprobar que todo evoluciona correctamente. Os pais e nais teñen un papel moi importante porque terán que estar atentos a certos comportamentos do/a neno/a que son os que lles dirán que todo evoluciona favorablemente:

  • Nos primeiros meses de vida o bebé deberá abrir moito as mans cando escoite sons fortes como un timbre, unha palmada etc.
  • Nos dous primeiros meses reaccionará a ruídos que provoquemos con obxectos para chamar a súa atención e semanas despois será el mesmo quen os queira facer soar cas súas mans.
  • Entre os catro e seis primeiros meses comezará a imitar os sons que nós fagamos. 
  • A partir dos seis meses, sinxelamente, deberá reaccionar a todo. 
  • Cando case teña un ano deberá ser capaz de escoitar sons suaves, de xirarse cara onde esteamos e incluso de recoñecer o seu nome e responder con movementos e expresións cando o chamemos. 

Prestar atención a estes comportamentos é moi importante porque en caso de padecer problemas de audición, se non se tratan antes dos dous anos de vida, suporán moitos problemas para o desenvolvemento da fala e da capacidade comunicativa do/a pequeno/a.

Pero aínda que chegados a este punto non detectaramos ningunha anomalía, temos que seguir atentos e comprobar que todo evoluciona correctamente. Ós tres anos deberán de articular palabras, ós catro frases sinxelas e, de aquí en adiante, o neno ou nena non debería ter dificultades para entender unha conversa e non debería precisar que lle repetisen as palabras. 

Se en calquera destes momentos detectamos que algo non funciona como debería, deberase acudir inmediatamente a un especialista auditivo que dea co problema e, o máis importante, ca solución. Porén, sempre é moi recomendable realizar avaliacións periódicas que nos poidan alertar de calquera patoloxía que escape á nosa detección. 

Noticias relacionadas

Por que somos o que escoitamos? 15 Feb

Por que somos o que escoitamos?

15/02/2023 Saúde
“Es o que escoitas”. Seguro que tes escoitado isto máis dunha vez. Pero, por que? Dise que es o que escoitas porque a audición é un dos sentidos máis importantes que temos e afecta profundamente ao noso comportamento, personalidade e formación cognitiva e emocional. Os sons que percibimos ao longo
Por que perdemos audición ao envellecer? 21 Nov

Por que perdemos audición ao envellecer?

21/11/2022 Saúde
Hai moitos factores que poden contribuír á perda de audición relacionada coa idade. Pode ser difícil diferenciar a perda de audición relacionada coa idade da perda de audición que pode ocorrer por estar exposto ao ruído moito tempo. Co paso dos anos, o cerebro vólvese máis sensible aos ruídos e
Como coidar a saúde auditiva dos nenos? 15 Set

Como coidar a saúde auditiva dos nenos?

15/09/2022 Saúde
Oír ben é importante para poder falar ben. A perda de audición pode ter efectos tanto no desenvolvemento da lingua para poder comunicarse, como tamén á hora de aprender e relacionarse socialmente. Polo tanto, é importante facerlles revisións audiolóxicas aos nenos.  No noso centro de Ordes,
A función da cera nos oídos 8 Ago

A función da cera nos oídos

08/08/2022 Saúde
O conduto auditivo externo está revestido por folículos pilosos e por glándulas que producen un aceite ceroso denominado cerume. A cera case sempre se abre paso ata a abertura do oído, como causa do movemento da articulación da mandíbula inferior cando comemos, falamos, mastigamos... Isto, unido á

Financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU. Con todo, os puntos de vista e as opinións expresadas son unicamente os do autor ou autores e non reflicten necesariamente os da Unión Europea ou a Comisión Europea. Nin a Unión Europea nin a Comisión Europea poden ser consideradas responsables das mesmas.