Traballamos coa mellor tecnoloxía
de electromedicina

Nos nosos Oe+ Centros Auditivos conseguimos os mellores resultados

En Oe+ Centros Auditivos de Lalín, Ordes e Cee queremos estar sempre a vangarda do sector por iso traballamos a diario para incorporar os mellores equipos de electromedicina.

Grazas a esta tecnoloxía e aos moitos anos de experiencia dos profesionais que traballamos nos diferentes centros auditivos podemos garantir a calidade e funcionalidade de todos os tratamentos e solucións máis adaptadas segundo as necesidades de cada cliente.

O equipo profesional que formamos o equipo de Oe+ traballamos a diario para garantir a calidade do noso servizo e ofrecer un asesoramento persoal e a medida a cada unha das persoas que visitan os nosos centros auditivos de Lalín, Ordes ou de Cee.

Con que equipos contamos nos nosos centros auditivos?

  • Audiómetro de tecnoloxía danesa, Affinity 2.0 de Interacoustics

  • Audiómetro de tecnoloxía americana, Aurical 2 de Natus-Otometrics

  • Audiómetro portátil de tecnoloxía Italiana, Piccolo de Inventis

  • Equipo alemán de Psicoacústica avanzada ACAM5 de Acousticón

  • Timpanómetro Oscilla TSM300, Natus-Otometrics

  • Timpanómetro de tecnoloxía danesa, Titan de Interacoustics

  • Videotoscopio de alta definición.

  • Logo de Otometrics
  • Logo de Inventis
  • Logo de Interacoustics

Contamos con profesionais altamente cualificados

Nos nosos laboratorios e talleres dos Oe+ Centros Auditivos en Lalín, Ordes e Cee traballamos cada día para mellorar os servizos que ofrecemos a cada un dos nosos clientes. Desta maneira o noso equipo esfórzase a diario para mellorar, por exemplo, os acabados de moldes e protectores auditivos para un axuste máis cómodo para o paciente sen esquecer a estética.

Desta maneira, en Oe+ contamos con profesionais especializads tanto na fabricación artesanal como na fabricación 3D das distintas pezas:

Fabricación artesanal

En Oe+ sabemos que hai pezas que pola súa complexidade precisan dos retoques dun técnico experimentado.

En Oe+, tanto en Lalín coma en Cee e Ordes, elaboramos, retocamos e personalizamos aqueles produtos a medida que as máquinas non poden elaborar.

Fabricación 3D

O futuro doutras empresas é o noso presente. Dende o ano 2019 os profesionais de Oe+ veñen de incorporar unha impresora con tecnoloxía SLA para a fabricación de pezas a medida consecuencia duns tempos de producción menores e unha maior fidelidade na obtención do produto final.

reparacións

custe

Nos nosos talleres dos centros auditivos, tanto en Cee, coma en Ordes ou en Lalín, contamos con profesionais con moitos anos de experiencia no sector da audición.

Grazas a súa profesionalidade nos centros Oe+ facemos unha primeira valoración e reparacion de máis do 75% das avarías que poden ter os audífonos.

Ofrecemos aos nosos clientes prezos xustos para reparación de máis do 90% dos modelos de audifonos existentes no mercado español. Ademais, nos centros auditivos reparamos audifonos xa descatalogados polos propios fabricantes (sempre que existan no stock pezas de sustitución).

Un equipo multidisciplinar ao teu servizo

Se buscas profesionais de audioloxía moi preto de ti visita algún dos centros auditivos que temos ubicados en Cee, Lalín e Ordes. ¡Esperámoste!