Coñece os servizos que ofrecemos
nos nosos centros auditivos

Profesionais ao teu carón en Lalín, Cee e Ordes

Nos centros auditivos en Oe+ en Lalín, Cee e Ordes ofrecemos aos nosos pacientes un servizo integral dentro do sector da audición. Desta maneira, os profesionais que formamos o equipo ofrecemos solucións totalmente adaptadas e personalizadas segundo as necesidades e características que presenten cada un dos clientes.

Probas auditivas

Saber máis

Adaptación audífonos

Saber máis

Reaxuste de audífonos

Saber máis

Terapias

Saber máis

Implantes cocleares

Saber máis

Audífono de sustitución

Saber máis

Accesibilidade

Saber máis

Outros servizos

Saber máis

máis probas auditivas

Nos centros auditivos Oe+ realizamos meticulosamente unha serie de probas audiolóxicas mínimas e necesarias para poder darlle a mellor solución sexa cal sexa a súa problemática.

Na primeira consulta as probas auditivas mínimas que realizamos son:

  • Otoscopia / videotoscopia : para visualizar e comprobar o estado do seu oído externo e tímpano.
  • Audiometría por vía aérea, vía ósea e umbrais de molestia: estas probas auditivas permiten comprobar o tipo e grao de perda auditiva así como a posible presenza de zonas cocleares mortas. De ser preciso realizaranse estas probas de forma enmascarada.
  • Logoaudiometría: proporciona datos non só en canto á cantidade de perda auditiva senón á intelixibilidade e comprensión das palabras.
  • Timpanometría: sempre que sexa posible a súa realización, esta proba facilita o estudo do oído medio

Outras probas

Outras probas en función dos resultados obtidos nas probas anteriores, xa que pode ser necesario a realización de probas complementarias como por exemplo:

  • Enmascaramento
  • Ten test
  • SISI
  • Tone decay
  • Reflexo estapedial
  • Fala en ruído
  • Comprobación do rendemento cos seus audífonos (no caso de telos)
  • Acufenometría
  • Webber audiométrico
  • Campo libre
  • Outras

máis Adaptación audífonos

No caso de pacientes con perda auditiva e, unha vez explicado o seu caso o máis preciso posible, ofrecerémoslle a mellor solución personalizada, individualizada… tendo en conta que o noso obxectivo principal é mellorar a súa calidade auditiva e, polo tanto, a súa calidade de vida.

Para isto Oe+ conta cos últimos avances tecnolóxicos no sector da audioloxía, así como dun amplo catálogo de produtos de todas as marcas, o que fai que sempre poidamos atopar a mellor solución para cada caso adaptándonos tanto ás esixencias da perda como do paciente.

Como non se trata simplemente de mercar un audífono, en Oe+ a adaptación realízase dun xeito totalmente personal e individualizado, verificando o rendemento que se acada tanto mediante probas obxectivas como subxectivas e comprobando en todo momento a satisfacción por parte do paciente. Informamos sobre o seu uso e mantemento así como da necesidade de realizar revisións periódicas tanto da audición como do audífono para garantir unha calidade auditiva ao longo do tempo.

A confianza no noso traballo e a satisfacción dos nosos pacientes fai que Oe+ lle permita probar os audífonos durante un mes sen compromiso de compra. Non dubide en preguntarnos!

Contactar

máis reaxuste audífonos

No caso de persoas xa usuarias de audífonos pero que non están satisfeitas co resultado ou no caso de persoas ás que lle regalaron un audífono sen estar adaptado para elas, Oe+ leva a cabo o reaxuste dos audífonos sempre e cando sexan acordes para o problema auditivo que se presenta e coas características axeitadas.

Non dubide en consultar esta opción. A valoración é totalmente gratuita.

máis audioloxía pediátrica

Oe+ Ordes é un dos 6 centros en toda a provincia de A Coruña autorizado pola Consellería de Sanidade para levar a cabo estudos auditivos e adaptacións pediátricas.

Este recoñecemento é resultado dunhas completas instalacións adaptadas para os cativos xunto cos coñecementos, experiencia e dedicación dos profesionais que forman o grupo Oe+, adaptándonos a cada idade, desenvolvemento e características do neno en todo momento.

Tras o diagnóstico por parte do médico ORL avalíase a audición do neno ou nena dende os primeiros meses de vida de forma exhaustiva, adaptando as probas en función da súa idade cognitiva en busca dunha adaptación o máis pronto posible que garanta unha audición óptima e funcional tanto para a adquisición coma para o desenvolvemento da linguaxe, o que se verificará periódicamente.

A elección dos audífonos realizarase en conxunto coa familia do neno ou nena informando e asesorando respecto a todas as vantaxes e inconvenientes das diversas opcións existentes.

As revisións periódicas son un punto imprescindible para estes pacientes xa que debe comprobarse que a audición se mantén nos mesmos umbrais auditivos e que a adaptación ofrece, ao longo destes primeiros anos, unha audición funcional que lle permite desenvolverse non só a nivel comunicativo senón tamén a nivel cognitivo.

Isto fai que colaboremos co equipo multidisciplinar intercambiando información tanto coa familia, co seu médico orl, logopeda e mestres en busca, todos nós, do mesmo fin.

Ademáis da adapación de audífonos, realizamos todo tipo de adaptación de axudas técnicas tales como equipos FM, conectividade, bucle, etc que permiten un acceso á fala sen interferencias, facilitando a escoita do neno ou nena en diversas situacións tales como por exemplo na aula.

máis terapia acufenos/tinnitus e Hiperacusia

Para aqueles pacientes con acúfenos / tinnitus, tanto acompañado de perda auditiva e hiperacusia ou presentando o tinnitus de forma illada, Oe+ pode ofrecer diversidade de tratamentos para cada caso.

Para valorar cada unha delas é necesario completar as probas auditivas realizando unha acufenometría completa pero tamén valorando o grado de afectación que o tinnitus xera no paciente (ansiedade, trastornos do sono, problemas de concentración, estrés, alteracións nas facetas da vida persoal, familiar, laboral ou social...).

Contamos con terapias sonoras personalizadas, xeradores de ruído ou audífonos compatibles entre outras opcións.

máis Adaptación bimodal con implantes cocleares

Adaptación de audífono no oído contralateral ao implante coclear. Este tipo de adaptación chamada adaptación bimodal implica uns parámetros e características específicos en canto á adaptación do audífono que non son os mesmos que para as adaptacións tradicionais.

Baseamos a adaptación do audífono en función da adaptación do implante coclear para intentar conseguir unha audición o máis simétrica posible.

Ademáis, dado que traballamos cunha pluralidade de fabricantes, a elección do audífono pode fundamentarse en parte en que a conectividade que empregue sexa a mesma que a do implante, de forma que se poidan conseguir opcións bilaterais que non se poderían obter doutra forma.

máis audífono de sustitución

Para aqueles que xa son clientes nosos e para evitar que se sintan incómodos ante situacións de avarías ou reparacións do seu audífono, ofrecemos audífono de reposto en préstamo durante todo este proceso.

Para os que non son clientes habituais nosos ofrecemos o mesmo servizo de sustitución durante a reparacion pero cun custe.

(Sempre se dará prioridade no préstamo de audífono de sustitución ó cliente con audífonos adaptados en Oe+)

máis accesibilidade

Ademáis da prevención, detección e solución de problemas auditivos, Oe+ dedícase a adecuar a comunicación e información ás persoas con discapacidade sensorial auditiva facendo que calquera espazo, servizo ou produto sexa totalmente accesible.

Nos lugares públicos o ruído de fondo, a reverberación e a distancia fan máis difícil a comunicación para todas as persoas, pero especialmente para os usuarios de audífonos e/ou implantes auditivos. Se estes espazos se adecúan eliminando ou diminuíndo as barreiras comunicativas faremos que sexan accesibles para estas persoas. Así, aportamos solucións para eliminar barreiras comunicativas tanto a nivel individual e particular como a nivel colectivo fomentando o desenvolvemento persoal dos usuarios de audífonos e/ou implantes auditivos.

Traballamos con diversas solucións técnicas e tecnolóxicas que comprenden unha ampla gama de produtos capaces de dar resposta ás necesidades auditivas das persoas así como dos espazos a adaptar. O sistema FM, o bucle magnético, sistemas de conectividade ou opcións combinadas son algunhas das solucións a valorar para cada caso.

máis outros servizos

Aspectos económicos, seguros de perda, roubo e rotura, leasing, formación, orientación e renting-aluguer son algúns destes servizos.

Aspectos económicos

En Oe+ a máxima premisa é que os nosos pacientes poidan beneficiarse dunha adaptación auditiva e superar as súas limitacións sen que o aspecto económico resulte un impedimento. Por isto, ofrecemos diversas posibilidades:

Facilidades de pago

Podendo valorar diversas opcións de financiación

Audífonos sociais

Os centros auditivos Oe+ sempre co compromiso de proporcionar unha mellora auditiva a todas as persoas ofrece a posibilidade de adaptación con audífonos sociais. Consulte esta opción en casos de persoas con rendas sociais ou non contributivas, persoas en situacións de dependencia, persoas ingresadas en residencias xeriátricas e outras situación varias. Oe+ ofreceralle diversas posibilidades entre as que se atopan os audífonos sociais ou diversas opcións de pago entre as que pode atopar a opción de renting.

Se o desexa, Oe+ pode informarlle en canto ás axudas dispoñibles para cada caso e en cada momento así como axudarlle para cubrir e presentar as solicitudes ante a administración correspondente.

No caso das axudas para menores de 20 anos, Oe+ tramita directamente o expediente e asume o importe da axuda ata que lle sexa abonada polo organismo correspondente sen que as familias teñan que adiantar esta contía económica

Seguros de perda, roubo e rotura

Para aqueles audífonos novos mercados en centros Oe+, ofrecemos a posibilidade de contratar un seguro que cubra a perda, roubo ou rotura do audífono para que, no caso de producirse esta situación, non lle ocasione un problema.

Ademáis, mentras non se solucione a sustitución ou reparación do audífono, recorde que Oe+ préstalle un audífono de sustitución para que vostede nunca deixe de oír.

Leasing

Para aqueles aos que lles interese ter sempre o último en canto a tecnoloxía auditiva, Oe+ pon á súa disposición a opción de leasing. Deste xeito pode ter unha alternativa á financiación e, ao igual que por exemplo lle poden propoñer en concesionarios de automóviles, pode pagar unha entrada seguida de pagos mensuais e ao cabo duns meses decidir finalizar de mercar o seu audífono ou ben realizar un cambio por un modelo máis actual.

Esta é unha opción especialmente dirixida para os nenos e nenas para os cales existe a posibilidade de cambio cada 4 anos segundo o catálogo ortoprotésico de Galicia.

Consulte as condicións

Formación

Implicados coa problemática do paciente con perda auditiva, Oe+ colabora ofrecendo gratuitamente cursos de formación a persoal sanitario de centros de día, xeriátricos, asistencia domiciliaria... na atención da persoa con perda auditiva e no uso e mantemento das próteses auditivas destas persoas.

Ademáis, colaboramos coa formación dos estudiantes de audioloxía protésica durante a súa estadía en prácticas nos centros auditivos Oe+.

Orientación

Sempre dentro dunha visión multidisciplinar, nos centros auditivos Oe+ ofrécese orientación e asesoramento sen compromiso en canto a diversos aspectos: educación, sanitario, social, laboral...

Renting-Aluguer

Con este servizo o cliente so se preocupará de pagar unha cuota mensual fixa durante o periodo de uso do audífono, devolvendose a Oe+ cando o cliente xa non o necesita.

IMPORTANTE: Esta opción so está dirixida a aqueles clientes que son usuarios das institucions e empresas coas que Oe+ ten convenio (centros de dia, residencias xeriátricas, pisos tutelados…)