Coñece os nosos centros auditivos
en Cee, Lalín e Ordes

Temos un equipo especializado con ampla experiencia

Actualmente o equipo de Oe+ desenvolvemos a nosa actividade en toda Galicia tendo, por tanto, clientes nas catro provincias. As localizaciós dos nosos centros auditivos, ubicados nos municipios de Ordes, de Lalín e de Cee, axúdannos a dar un servizo de proximidade a todos os veciños e veciñas dos concellos que forman parte das comarcas da Costa da Morte, Deza-Tabeirós e da comarca de Ordes.

En Oe+ Centros Auditivos contamos con un equipo especializado con ampla experiencia no sector da audición para darche o mellor asesoramento personalizado e resolver todas as túas dúbidas.

Lalín

  • Dirección:
  • Rúa C, 30 Baixo
Ver imagen 360º

Ordes

  • Dirección:
  • Rúa Ramón Ferreiro, 5 Baixo

Cee

  • Dirección:
  • Avda. Fernando Blanco, 29 Baixo
Ver imagen 360º

máis ámbitos de actuación

Ademais de recibir aos pacientes nos nosos propios gabinetes, os profesionais que formamos o equipo de Oe+ tamén desenvolvemos a nosa actividade ofrecendo os servizos nos seguintes ámbitos:

Institucións públicas e privadas

  • Impartimos charlas en concellos, empresas e asociacións que así o demandan.
  • Promovemos, damos soporte técnico e asesoramento legal no que respecta ós dereitos dos pacientes con hipoacusia e aos deberes das institucions publicas e privadas.

Atención temperá

  • Somos centro de referencia para a derivación de casos de hipoacusia infantil dende os organismos de atención temperá.

Residencias e Centros de día

  • Colaboramos dando soporte audiolóxico naquelas residencias e centros de maiores que así o solicitan, ofrecendo vantaxes para os seus usuarios tales coma promocións e ofertas específicas.

Audioloxía in situ

  • Servizo de atención no domicilio do cliente a disposición para todo aquel cliente que desexe valorar a sua audición e non dispoña de medios para desplazarse ate o centro auditivo, ou ben a súa saúde non lle permita este desplazamento (exemplo: doentes encamados, con hemiparesias..)

Centros Escolares

  • Ofrecemos charlas, formación e apoio técnico a pais, alumnos e mestres que así o solicitan.

Centros colaboradores

  • Rede de empresas que colaboran con Oe+ ofrecendo os nosos produtos aos seus clientes coa garantía que caracteriza a cada un dos nosos establecementos.

Contacta cos profesionais de Oe+ en Lalín, Ordes e Cee

Se queres máis información sobre os servizos que ofrecemos nos nosos centros auditivos de Lalín, Ordes ou Cee ou buscar un asesoramento personalizado por parte dos nosos profesionais non dubides en poñerte en contacto con nós. ¡Esperámoste!